I XORNADAS GALEGAS DE CALIDADE E SEGURIDADE DO PACIENTE (21 DE
FEBREIRO DE 2008)
Cada acto sanitario consiste na relación entre o paciente e o profesional no marco duna institución sanitaria. A súa calidade ten dous aspectos: a aplicación do coñecemento científico a un problema de saúde e a atención humanizada ao paciente. Todos os actores que participamos nun acto sanitario -paciente, profesional, institución e contorno sociocultural- somos os responsables de mellorar a calidade desta experiencia.Incorporar a mellora da calidade e a seguridade do paciente como guía para a práctica diaria en todos os niveis do sistema é un proceso continuado, que require cambios permanentes na nosa forma de traballar e de organizarnos.Coa organización das I Xornadas Galegas de Calidade e Seguridade do Paciente esperamos contribuír a esta transformación mediante a sensibilización e a difusión das experiencias que se están a realizar en Galicia. Queremos tamén que sexan un punto de encontro para os profesionais, con especial atención ao seu carácter multidisciplinar; de aí o noso esforzo para que en todas as mesas participen persoas de diferentes ámbitos e categorías.Benvidos + benvidas á boa saúde!
---------
Estimado colega:
O próximo día 21 de febreiro terán lugar na Consellería de Sanidade as I Xornadas sobre calidade e seguridade do paciente. Estas xornadas teñen como obxectivo destacar e recoñecer a actividade que se está a realizar neste eido nos centros asistenciais galegos. Para elo gustaríanos contar coa túa participación nas Xornadas, que serán inauguradas pola Conselleira de Sanidade e contarán tamén coa presenza do Director Xeral da Axencia de Calidade do Ministerio de Sanidade.
O programa da actividade consiste nunha serie de mesas moderadas nas que diversos profesionais exporán o traballo realizado (boas prácticas na seguridade dos pacientes, boas prácticas en calidade, estratexias de saúde, hixiene de manos, seguridade do medicamento e proxectos de investigación). Ademáis pódense presentar comunicacións orais coa particularidade de que xa fosen presentadas nun congreso nacional ou internacional no ano 2007.
O formulario de inscrición podese mandar por fax ao 981554365, ao e-mail : rifernandez@ultratur.com ou directamente na páxina web: http://xornadas-calidade-seguridade.sergas.es/
Para calqueira dúbida ou aclaración poden enviar un e-mail á secretaría Técnica da Xornada rifernandez@ultratur.com
Esperamos contar coa túa participación,
O Comité Organizador
Ana Clavería Fontán
-----------
PROGRAMA
9:00 - 10:30 -Salón de actos
- Boas prácticas na seguridade do paciente
Moderador: Pedro Parra Hidalgo.Sociedad Española de Calidad Asistencial (SECA).
- Seguridade do paciente nunha área de Atención Primaria - Mª José Díaz Otero. Área de Atención Primaria de Lugo.
- Úlceras por presión en Galicia. Resultados e perspectivas - Francisco Javier Rodríguez Iglesias. Servizo de Integración de Coidados. División de Asistencia Sanitaria.
- Identificación dos pacientes - Josefa Fernández Segade. Servizo de Integración de Coidados. División de Asistencia Sanitaria.
- Campaña 5.000.000 de vidas nun hospital universitario - Mercedes Carreras Viñas. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
- A prevención da infección por catéter na UCI. Resultados preliminares dun estudo de intervención - Mercedes Palomar Martínez. Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias (SEMICYUC).
Aula 11 -
- Boas prácticas en calidade
Moderador: Íñigo Montesino Semper.Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira.
Consulta sanitaria do 061 - María Cegarra García. Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
- Atención aos cidadáns - Marisa López García. Subdirección Xeral de Aseguramento. Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria.
- Procesos de patoloxía dixestiva nunha área - Juan Clofent Vilaplana. Servizo de Dixestivo. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
- A calidade nun hospital comarcal - Mar Vélez Regueiro. Fundación Pública Hospital da Barbanza.
- Programa Beber MenosGerardo Flórez Menéndez. Coordinación da Área de Drogodependencias de Ourense.
10:30 - 11:30 - Salón de actos
- Estratexias de saúde
Moderador: Manuel Domínguez Sardiña.Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).
- Plan de coidados paliativos - Ángel Facio Villanueva. Área Sanitaria de Ferrol.
- A monitoraxe das guías clínicas en Atención Primaria - Arturo Louro González. Centro de Saúde de Cambre. Área de Atención Primaria de A Coruña.
- Parto natural na Fundación Pública Hospital do Salnés - Yolanda García Freijeiro. Fundación Pública Hospital do Salnés.
- Xestión de enfermidades en insuficiencia cardíaca - Emilio Casariego Vales. Servizo de Medicina Interna. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.
11:30 - 12:00 Café
12:00 - 13:00 - Salón de actos
- Hixiene de mans
Moderador: Enrique Terol García. Agencia de Calidad. Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Hixiene de mans nos recursos asistenciais do 061 - Mª Dolores Martín Rodríguez. Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galícia-061.
- Experiencia da Comunidade Autónoma de Cantabria en seguridade do paciente - Mónica Robles García. Subdirección de Desarrollo y Calidad Asistencial del Servicio Cántabro de Salud.
- Hixiene de mans no Complexo Hospitalario de Pontevedra - M.ª Concepción Codesido López. Complexo Hospitalario de Pontevedra.
13:00 - 13:30 - Salón de actos - Inauguración
M.ª José Rubio Vidal. Conselleira de Sanidade.
13:30 - 15:00 - Salón de actos - Políticas de seguridade do paciente
- Plan de calidade do Sistema Nacional de Salud - Alberto Infante Campos. Agencia de Calidad. Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Experiencias en Europa - Isabel de la Mata. Representación Permanente de España ante a Unión Europea.
- Proxectos da Alianza Mundial pola seguridade do paciente - Icíar Larizgoitia Jáuregui. Coordinadora de Programas de Investigación da Alianza Mundial pola Seguridade do Paciente OMS.
15:00 16:30 Comida de traballo
16:30 - 18:30 - Salón de actos - Seguridade do medicamento
Moderadora: Cristina Rey Barbosa. Subdirección Xeral de Farmacia. Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde.
- Enquisa de seguridade do medicamento - Pilar Salvador Garrido. Servizo de Farmacia. Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza.
- As novas tecnoloxías na seguridade do medicamento- Silvia Represa Veiga. Servizo de Coordinación de Comisións e Comités de Farmacia e Terapéutica. Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde.
- Avaliación de intervencións para mellorar a notificación de RAM - Adolfo Figueiras Guzmán. Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública. Universidade de Santiago de Compostela.
- Mellora do circuíto de medicación no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo - Tomás Lerma Merino. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
- Transición entre niveis asistenciais na área de Santiago - Carlos Crespo Diz. Servizo de Farmacia. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Aula 11 - Proxectos de investigación
Moderador: Sergio López Alonso. Dirección Regional de Desarrollo e Innovación. Servicio Andaluz de Salud.
- ENEAS II - Clara González Formoso. Centro de Saúde de Tomiño. Área de Atención Primaria de Vigo.
- O sistema de información HELICS - Vicente Domínguez Hernández. Servizo de Medicina Preventiva. Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo de Oza.
- Proxectos iniciados en Galicia - Isabel Campos Pardo. Servizo de Integración de Coidados. División de Asistencia Sanitaria.
- ENEAS - Víctor del Campo Pérez. Servizo de Medicina Preventiva. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
- Proxecto MARQUIS - Oliver Groene. Fundación Avedis Donabedian.
18:30 - 19:00 Café
19:00 - 20:30 - Salón de actos - Comunicacións
Aula 11 - Comunicacións
20:30 - 20:45 Clausura
21:00 Cea
No hay comentarios:
Publicar un comentario