miércoles, 31 de octubre de 2012

I XORNADA GALEGA DAS FERIDAS

Buenos días;
Me gustaría recomendaros el siguiente evento científico que tendrá lugar el próximo martes 6 en Santiago de Compostela. Tenéis toda la información en la siguiente página web del SERGAS:

I Xornada galega das Feridas

Esta Xornada, promovida polo Servizo Galego de Saúde, que se enmarca no "Programa Úlceras Fóra", está dirixido a persoal de tódolos centros sanitarios da comunidade, de centros de Maiores e coidadores formais e informais. 

Pretende ser un punto de encontro onde se tratarán temas de prevención, uniformidade na abordaxe e xestión. Así como coñecer distintas experiencias innovadoras que se están levando a cabo en relación as úlceras e feridas.

Será o vindeiro 6 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

A inscrición á xornada é gratuíta. O aforo é limitado á capacidade da sala. A selección será por rigorosa orde de inscrición.

1 comentario:

Eva dijo...

Comunicámosvos que se amplia o prazo de inscrición da I Xornada galega de Feridas ata as 24 horas do día 4 de novembro de 2012, polo que pregamos fagades a correspondente difusión deste cambio de data.

A Xornada, promovida polo Servizo Galego de Saúde e enmarcada no “Programa Úlceras Fóra”, celebrarase o día 6 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

Como xa vos comentamos esta actividade pretende involucrar e sensibilizar aos profesionais que día a día prestan coidados aos pacientes que presentan feridas, facendo deste punto de encontro un lugar para o debate sobre proxectos e experiencias que se están levando a cabo tanto na nosa comunidade como fóra dela.

Xuntamos o programa facendo fincapé na ampliación de datas de inscrición a pesares de que non aparece no programa ao estar xa editado.

A inscrición a Xornada farase na web da FEGAS www.fegas.es
Ante calquera dúbida dirixirse ao correo electrónico programa.ulceras.fora@sergas.es ou ao teléfono 881 542788.

Invitámosvos a participar activamente neste evento, ben coa vosa presenza ou colaborando na súa divulgación.

A vosa participación e colaboración redundará, sen lugar a dúbida, na mellora da atención á saúde dos nosos pacientes, porque nas nosas mans está lograr: “Úlceras Fóra”

Como presidente do comité organizador, espero que esta xornada sexa do teu interese e poidamos contar coa túa presenza.

Felix Rubial Bernárdez
Presidente do Comité Organizador