A Fundación Biomédica publica as Bases do V Certame de Investigación en Enfermaría 2009
Aberta a convocatoria do V Certame de Investigación en Enfermaría 2009 da Fundación Biomédica do CHUVI.
No seu compromiso coa investigación para a protección e mellora da saúde da sociedade galega, a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo publica as Bases do V Certame de Investigación en Enfermaría, de cara a fomentar, recoñecer e estimular a investigación de calidade entre os/as profesionáis de enfermaría.
Ao igual que nas anteriores convocatorias, A Fundación premiará os mellores traballos publicados en revistas científicas, así como as mellores comunicacións e pósters presentados en congresos durante os anos 2008 e 2009, realizados por persoal adscrito aos centros sanitarios públicos da nosa Comunidade Autónoma.
Por outra banda, co fin de incentivar o desenvolvemento de novas investigacións neste ámbito profesional na área de Vigo, a Fundación Biomédica segue ofrecendo a "Axuda Berta Acevedo" para a realización dun novo proxecto de investigación. E continuando asimesmo coa estreita colaboración coa Universidade de Vigo, o Certame volve a convocar a "Axuda Universidade de Vigo", co fin de financiar un proxecto de investigación a realizar conxuntamente por persoal da nosa Área Sanitaria e da Universidade de Vigo.
Os premiados de cada categoría daranse a coñecer no transcurso das V Xornadas de Investigación en Enfermaría, que terán lugar os dias 10 e 11 de Decembro de 2009 no Salón de Actos do Hospital do Meixoeiro de Vigo. Durante estas Xornadas, cada investigador/a responsable dos traballos presentados ás distintas categorías, fará unha breve presentación dos mesmos.
Bases da Convocatoria.Aberta a convocatoria do V Certame de Investigación en Enfermaría 2009 da Fundación Biomédica do CHUVI.

Impreso de Solicitude.
Modelo de Memoria do proxecto de investigación.
Máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario