Presidencia: Dr Jesús Caramés Bouzán; Xerente Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Vicepresidencia: Dra. Ana Clavería Fontán; Xefe de Servizo de Calidade e Programas Servizo Galego de Saúde
Tesorería: D. Pablo Permuy Villanueva Subdirector Xeral de Compras e Servizos Servizo Galego de Saúde
Secretaria: Dona Mercedes Carreras Viñas Subdirectora de Calidade Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Vocales:
- D. Luis Arantón Areosa; Supervisor y Coordinador de Calidad del Area Sanitaria de Ferrol.
- Doña Rosa González Gutiérrez Solana; Subdirectora de Calidad del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña
- Dr. Ángel Facio Villanueva; Director de Procesos Médicos del Area Sanitaria de Ferrol.
- D. Rodrigo Gómez Ruiz; Responsable de la Unidad de Desarrollo de FEGAS.
- Doña Mª Antonia Muñoz Mella; Directora de Enfermería de POVISA.
- Doña Mª Ángeles Pérez Vázquez; Supervisora de Calidad del Complejo Hospitalario de Pontevedra.
- Dr. David Rodríguez Lorenzo. Coordinador de Calidad del Complejo Hospitalario Universitario de Vigo.
- Dr. Bernardino Alonso Fernández; Responsable de Calidad del Hospital Cristal Piñor de Ourense.
- Dr. Javier José Nogueira Fariña; Facultativo. Servizo de Documentación Clínica Complejo Hospitalario de Pontevedra.
- Doña Olga Roca Bergantiños; Supervisora del Área de Calidad del Hospital Xeral-Calde de Lugo.
- Doña Carmen Fernández Merino; Directora Asistencial de la Gerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.
El principal objetivo de lal Sociedad, es la promoción de todo tipo de actividades de análisis, monitorización y mejora de la Calidad Asistencial y de todos aquellos aspectos relacionados con la formación e investigación en Gestión de la Calidad en nuestra comunidad y para ello pretende aglutinar en torno a esta idea, a todos aquellos profesionales interesados y relacionados con la actividad sanitaria y socio-sanitaria.
Para poder asistir al evento, hay que inscribirse en el teléfono: 981 95 50 56 o enviar un correo electrónico a la dirección: secretariasogalca@sogalca.es
En caso de agotarse las plazas de aforo de la sala, la inscripción será por riguroso orden de envío.
- 09:30 h. Acto Inaugural
- 10:00 h. Presentación da Asociación Galega de Calidade Asistencial.
- 10:30 h. Mesa Redonda: Estratexias en Xestión de Calidade Total no ámbito Sanitario
M oderadora: Berta Rivera Castiñeira. Directora da Escola Galega de Administración Sanitaria
Ponentes:
- Rosa Suñol, Directora Xeral do Instituto Universitario UAB Avedis Donabedian
– O proxecto Marquis - Ramón Sevilla García, Xefe do Servizo de Coordinación de Servizos Xerais. Subdirección
de Compras e Servizos. División de Recursos Económicos
– Os Sistemas de Xestión da Calidade ISO - Yolanda Agra, Consejera Técnica Agencia da Calidade do SNS Ministerio de Sanidade e
Consumo
– Seguridade de Pacientes, Proxectos Nacionais e Internacionais. Visión do Ministerio de Sanidade e Consumo - Montserrat Tarres, Directora de Comunicación e Relacións Institucionais de Novartis
– Responsabilidade Social Corporativa como ferramenta de motivación, resultados
da súa aplicación.
- 12:30 h. Debate
- 13:30 h. Acto de Clausura
3 comentarios:
Muchas Felicidades por vuestra inclusión en los "40 principales de e-ras"
Desde mi Blog,PHARMACOSERIAS, que tambien ha sido incluido ahora os deseo todo lo mejor y ofrezco toda mi colaboracion.
Cordiales saludos
fernando comas
Gracias Fernando y felicidades también a ti y a tu blog.
Luis A.
A SOCIEDADE GALEGA DE CALIDADE ASISTENCIAL NACE CO OBXECTIVO DE PROMOVER ACTIVIDADES DE MELLORA DA ASISTENCIA SANITARIA
A xunta directiva da Sociedade Galega de Calidade Asistencial ©Xunta de Galicia - Xoan Crespo-Á presentación de Sogalca asistiu a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, quen destacou a importancia da nova sociedade como instrumento que axude a canalizar e dar pulo á calidade asistencial
-María José Rubio Vidal salienta que a calidade é "un dos obxectivos claramente consignados nas directrices estratéxicas da Consellería de Sanidade"
Santiago de Compostela, mércores 18 de febreiro de 2009.- A Sociedade Galega de Calidade Asistencial (Sogalca) presentouse hoxe nunha xornada na que representantes sanitarios debateron sobre as Estratexias en xestión de calidade total no ámbito sanitario. Á primeira xornada organizada por Sogalca asistiu a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, que destacou que "a calidade asistencial é un dos obxectivos claramente consignados nas directrices estratéxicas da Consellería de Sanidade, incluídos no Plan de Obxectivos Estratéxicos dos tres últimos anos". Na súa intervención, a conselleira afirmou que en todo o "numeroso grupo de iniciativas, programas, políticas, servizos, plans e demais procesos que promoven a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, a calidade está sempre presente como un feito que se persegue avaliar e mellorar".
María José Rubio Vidal salientou que tanto "nos procesos administrativos, na área de compras e aprovisionamentos, coma na información dirixida aos cidadáns, nas políticas de prevención e de promoción de vida saudable, a calidade está presente. E tamén no uso dos medicamentos, na formación dos nosos colectivos profesionais, na adecuación e comodidade das infraestruturas sanitarias, na utilización da tecnoloxía, ou en calquera outra área de actividade no ámbito da saúde como a atención específica á saúde das mulleres, os problemas da drogodependencia, ou os requisitos para a atención ás urxencias ou transporte sanitario".
A conselleira de Sanidadefelicitou aos impulsores de Sogalca pois o traballo a prol da seguridade e calidade dos pacientes precisa de instrumentos como a nova sociedade para que axuden a canalizalos e darlles pulo. Acompañando á conselleira estiveron o presidente da xunta xestora de Sogalca, Jesús Caramés Bouzán e o presidente da Sociedade Española de Calidade Asistencial, Pedro Parra Hidalgo.
Sogalca xorde pola necesidade de potenciar un foro de participación activa dos profesionais sanitarios e que ten como obxectivo principal promocionar a actividade de mellora relacionada coa asistencia sanitaria. A súa finalidade é promover actividades de avaliación, monitorización, deseño e mellora da calidade asistencial, así como dos aspectos relativos á docencia e investigación en temas relacionados coa xestión da calidade.
Para o cumprimento dos seus obxectivos, Sogalca ten previsto organizar diferentes actividades encamiñadas a favorecer o intercambio de información e experiencias nos aspectos relacionados coa xestión da calidade; promover o debate sobre temas relacionados coa calidade asistencial; promocionar actividades docentes dirixidas a mellorar a formación de recursos humanos na xestión da calidade; tamén desenvolver proxectos, estudos, informes ou calquera outro tipo de achega científica no ámbito dos seus fins; e promocionar e orientar a investigación en materia de xestión da calidade e, en resumo, todas aquelas que resulten de interese para o desenvolvemento da calidade.
O seguinte paso desta Sociedade será crear un Plan de Actuación para definir as actividades a curto, medio e longo prazo e constituír a Xunta Directiva, cunha candidatura aberta para que todos os interesados se podan presentar. Tamén constituír os Comités Organizador e Científico para o XXVIII Congreso de Calidade do 2010 que se celebrará en Santiago de Compostela.
Información de contacto
» Gabinete de Comunicación Documentos asociados
» A conselleira de Sanidade asistiu hoxe á presentación da Sociedade Galega de Calidade Asistencia ©AGN TV
http://www.sergas.es/Noticias/DetalleNoticias.aspx?IdPaxina=40017&IdNoticia=2917
Publicar un comentario