NATALIA LÓPEZ ARIAS, In Memoriam
Hasta siempre, Natalia
El
26 de julio, una noticia nos ilustró a todos sobre el riesgo de circular entre
niebla. Docenas de coches y camiones colisionaban en cadena en Abadín (Lugo).
El azar quiso que entre aquel amasijo de hierros solo hubiese una persona
muerta, identificada por los titulares de prensa como “enfermera”. Su nombre
Natalia López Arias, de 37 años. Acabado su turno de noche, volvía a casa por
esta nueva y peligrosa autovía. Natalia era enfermera del 061. Por eso salió
del coche y no se puso a cubierto. Eligió jugarse el tipo y hacer su trabajo.
Moviéndose entre la chatarra estuvo valorando, atendiendo y tranquilizando a
las víctimas atrapadas en sus coches, hasta que le tocó serlo a ella.
No
pensó en sí misma ni en su seguridad fuera de la calzada ni en su hijo pequeño…
Pensó
en prestar servicio, tal como había hecho pocas horas antes en su UVI móvil de
Foz. Fueron sus propios compañeros del 061 los encargados de certificar su
muerte. Y así entregó su vida, en silencio, sin ocupar titulares en los medios.
Mientras tanto, todos seguimos mirando a otro lado pensando incluso que los
objetos son lo importante. Pero lo esencial es invisible a los ojos, como decía
Saint-Exupéry. Hasta siempre, Natalia (C. L. Narón. La Coruña).
Entrego
su vida asistiendo y cuidando (dando cuidados de enfermería) a los demás.
HISTORIA DA ENFERMARÍA
Os coidados é unha actividade que existe
dende que existe a humanidade, sobre a que inflúen as circunstancias
socioculturais características de cada lugar e momento da historia. Dentro dese
contexto sociocultural, as crenzas, e dentro delas a relixión, así como o concepto
dominante de enfermidade en cada momento, van ser determinantes para analizar a
evolución dos coidados.
Dende as súas orixes, os coidados estiveron
directamente vinculados á satisfacción das necesidades máis básicas para o
mantemento dos individuos, coma a alimentación, busca de seguridade, refuxio,
abrigo… e vencelladas a dous períodos da vida na que a dependencia doutras
persoas é evidente: a infancia e a vellez. Por tanto, os primeiros antecedentes
do coidado están relacionados co inicio do ciclo vital, coa atención no parto e
de cada unha das novas incorporacións á comunidade e centrado na satisfacción
das necesidades básicas. Se ademais, consideramos que as primeiras civilizacións
desenvolvían a súa actividade nun ambiente hostil, no que o número de inimigos
naturais da raza humana era considerable, as diferenzas físicas entre homes e
mulleres propiciaron unha división sexual do traballo, os homes dedícanse ó
traballo externo que require unha maior potencia física e as mulleres ocúpanse
do ámbito próximo, especialmente de todo o relacionado cos coidados,
circunstancia que marcou o transcorrer da historia.
FOTO 001 Iatreia, Asclepeia y Xenodoquio
Esta vinculación da muller cos coidados e co
inicio do ciclo vital propicia a aparición de mulleres que se dedican ó coidado
fora do seu domicilio. Así se coñece que no imperio romano había mulleres que
prestaban coidados durante o parto e o recen nado, o igual que ocorría na Idade
Media, na que se recoñecía ás mulleres como coidadoras, polas súas
peculiaridades relacionadas coa fecundidade, ser portadora de cada novo membro
da familia, responsables do alumeamento, e encargadas de protexer e alimentar á
nova vasteza.
Tamén dende as súas orixes, o concepto de
enfermidade ou defecto físico, tiña un compoñente máxico derivado do sistema de
mitos, crenzas e supersticións que o home antigo inventa, a modo de control
ideolóxico para reducir o temor, para explicar os fenómenos da natureza que non
pode explicar. Neste contexto, a enfermidade é interpretada como un mal
producido polos espíritos ou un castigo dos deuses. Cada enfermidade ía unida á
superstición, o enfermo era atendido por familiares e estes recorrían á figura
do bruxo, curandeiro ou chaman.
Son figuras, bruxas, curandeiros… combinan
unha serie de rituais con capacidade para observar os fenómenos naturais, recollendo
información dos casos atendidos para aplicala nos novos casos. Deste xeito, na
atención da enfermidade predomina o pensamento máxico.
Neste contexto, a igrexa católica, aproveitando
que o pensamento cristián promove o altruísmo, a caridade e a atención ós
enfermos e desvalidos como camiño a seguir para alcanzar a salvación eterna,
comeza a monopolizar os coidados, adaptando e transformando os rituais e supersticións
vencelladas mediante o pensamento máxico á enfermidade en cuestións relixiosas;
é dicir, mantense o pensamento máxico, pero transformase o enfoque; cambia a
forma, pero non o fondo.
Así, na Idade Media os hospitais ou
institucións pechadas xorden cerca ou nun dos laterais das igrexas e catedrais
que se van construíndo co exercicio dos nobres e ricos desa caridade predicada
pola igrexa como camiño de salvación. Estas institucións, dedicadas á atención
das persoas máis desfavorecidas da sociedade da época, tiveron un importante
papel durante as grandes epidemias que asolaron Europa. Ás innumerables
carencias que acumulaban estes recintos, uníase unha dieta inadecuada que orixinaba
a aparición de enfermidades carenciais, descoñecidas na época, ás que se
sumaban as enfermidades da pel agravadas polos parasitos.
Os coidados neses centros eran prestados
por relixiosos ou relixiosas de diferentes ordes, sen esquecer que a muller
continuaba sendo a principal provedora de coidados no ámbito doméstico. É de
este xeito, no século III da nosa era, o bispo de Cesárea, San Basilio, crea unha
orde dedicada á creación de hospitais para a atención de persoas enfermas e
desvalidas. A Regra de San Benito, no século VI será a que marcará
definitivamente o desenvolvemento das ordes relixiosas en Europa.
Os hospitais medievais abarcaron catro
tipos de institucións: as leproserías, os asilos e hospicios para pobres, os
albergues e as institucións dedicadas ó coidado dos enfermos indixentes. Todos
eles se situaban cerca das catedrais e dos ríos. Mais tarde tamén os gremios construíron
e mantiveron hospitais. O peso do coidado sempre caía sobre as irmáns das
distintas ordes ó servizo dos hospitais e sobre o persoal do servizo empregado
na institución.
Na Baixa Idade Media, época onde as
miserias e a fame por falla de alimento estaban á orde do día, a poboación
quedaba a mercé das grandes epidemias que asolaron Europa. Xorden os camiños de
peregrinación á Xerusalén, Terra Santa, e Santiago de Compostela, nos que miles
de peregrinos morreron. Requirían máis hospitais e enfermeiros para atender ós
camiñantes. A igrexa fomentou a construción de hospitais sostidos polas recadacións
que oportunamente se levaban a cabo. Aparecen entonces as ordes militares vencelladas
á enfermaría, á atención e protección dos peregrinos enfermos. Éstas últimas foron
unha consecuencia das cruzadas a Terra Santa. Non existe moita información
sobre os coidados que proporcionaban estes guerreiros enfermeiros, pero si
constancia de que construíron e equiparon grandes hospitais e que eles mesmos,
os cabaleiros, coidaban ós enfermos.
Xorden así as primeiras ordes militares
como Os Cabaleiros Hospitalarios de San Xoan de Xerusalén; os Cabaleiros
Teutónicos; a Orde de Malta, os Cabaleiros de San Lázaro e os Cabaleiros do
Santo Sepulcro, os famosos templarios. O auxe das ordes militares relixiosas
tamén chegan a España e aparece a Orde de Calatrava, a de Montesa e os Cabaleiros
de Santiago.
FOTO
002 Hotel Dieu
Os primeiros hospitais que se coñecen son:
o Hotel Dieu de Lyon (Francia, ano
542; Hotel Dieu de Paris (Francia, ano
650); e o Hotel do Santo Espírito de
Roma (Italia, ano 717). En España o primeiro que se coñece é o Hospital de Mérida, fundado polo Bispo
da cidade.
En Hispania coa Monarquía Goda, reinando
os visigodos, entre o século V e o VIII, aparece o “Fuero Juzgo ou Libro dos Xuices”, neste libro xa aparece o nome dos
nosos antepasados, os “sangradores”.
No século XIII no Reino de Castela e segundo o Código de “As sete partidas” dol Rey Alfonso X o Sabio, figuran co nome de alfajemes, tamén chamados vulgarmente barbeiros; debían de afeitar e sangrar
en lugares apartados e non nas prazas e rúas.
Xa os nosos antepasados empezaron a formar
gremios e confrarías cun importante crecemento de profesions liberais como a nosa.
FOTO
003 Fuero Juzgo ou Libro dos Xuices
Está escrito, que no século XIV fundáronse
as primeiras Confrarías de Barbeiros e Cirurxiáns
baixo a advocación dos Santos Patronos San Cosme e San Damián. Estas confrarías
eran institucións de carácter relixioso - benéfico aínda que nos seus estatutos
se ditaron normas sobre o exercicio profesional, xa que para poder exercer de cirurxiáns
- barbeiros debían de ser examinados por dous cirurxiáns da confraría.
Xa vemos que cada Grupo, Gremio,
Asociación, etc., vaise dando conta que non soamente é “coidar”, senón que empezan
a mirar que hai que saber coidar, e por iso se organizan en grupos e como decíamos
antes para pertencer a unha confraría tiña que pasar un exame e ser examinados.
Danse conta que hai que estudar e que non só vale saber.
Por exemplo en 1310 en Valencia a Confraría de Barbeiros e Cirurxiáns tiñan
no seu exame para todos os candidatos, unha parte teórica e outra práctica.
Tamén está recollida en Barcelona en 1408, onde os exames eran igual que os de
Valencia na Confraría Profesional de San
Cosme e San Damián de Cirurxiáns e Barbeiros.
En Madrid no año 1385 unifícanse 11
hospitais en 1, “o Hospital Xeral”,
dividido en dúas casas: unha para contaxiosos e outra para enfermos non contaxiosos.
En 1524, Carlos V establece “hospitais
reais” onde se especifican as funcións e tarefas do persoal, entre elas as do
enfermeiro maior e as dos enfermeiros asistenciais. A asistencia sanitaria
cubríase ademais en confrarías, gremios e irmandades.
A capacidade para exercer a profesión quedaba recollida
polos reis D. Fernando e Dona Isabel, o 9 de Abril de 1500, nunha Real
Pragmática ditada en Segovia, onde se dicía que:
“Mandamos,
que os Barbeiros e Examinadores maiores, de aquí adiante, non consintan ni dean
lugar a que ningún barbeiro, nin persoa algunha, poida poñer tenda para sajar
nin sangrar, nin botar samesugas, nin ventosas, nin sacar dentes nin moas, sen
ser examinado primeiramente polos ditos mestres Barbeiros maiores persoalmente,
so pena que calquera que usase das cousas ditas ou de calquera delas sen ser
examinado, como dito é, sexa inhábil perpetuamente para usar dito oficio, e máis
pague dous mil marabedís de pena para a nosa Cámara, etc….”
Sabemos o que estudaban os nosos antepasados,
así en 1541 tiñan como libro de estudo o “Libro dal arte das comadres e do regimiento das
preñadas e paridas e dos nenos”; en 1583 “Tratado da utilidad da venae
festionisin”; no mesmo ano o “Tratado da utilidade da sangría”; en 1604
“Prematica pola que se da a orde no exame dos Cirurxiáns Romancistas”; en 1617
“Instruccion de enfermeiros e consolo ós aflixidos enfermos. E verdadeira
pratica de como se teñen que aplicar os remedios que ordenan os médicos. Moi
necesario para que os enfermos sexan ben curados e proveitosa para ós
practicantes de Medicina”; etc…
Pola Real Cédula de Felipe V, o 29 de xaneiro de
1711, creouse a Clase de Sangradores que supuxo un primeiro paso para a
coordinación dos distintos oficios e profesionais que formaban un todo nas
distintas ramas da ciencia dedicadas á curación de enfermos.
En 1843 foron aprobados os “auxiliares de medicina e
cirurxía prácticos no arte de curar” e en 1846 fórono os “ministrantes”.
FOTO 004 Libro da arte das comadres e do rexemento das preñadas e paridas e
dos nenos 1541. Tratado da utilidade da venae festionisin
Ditas leis foron sustituídas pola Real Orde de 9 de
setembro de 1857, a
chamada “Lei Moyano” (polo ministro de Fomento don Claudio Moyano), que ó
amparo da Lei Orgánica de Sanidade de 1855 regulou as profesións auxiliares
sanitarias, recoñecendo a practicantes e matronas como practicantes dun oficio.
1896. O Dr. Federico Rubio e Gali, abre a 1ª Escola
Seglar de Enfermaría de Santa Isabel de Hungría.
No País Vasco
Falar de barbeiros de pobo, sangradores, ministrantes
ou de damas enfermeiras lévanos a outras épocas da profesión sanitaria de Enfermaría.
Dende os barbeiros do século XIV ata os actuais profesionais de enfermaría moitos
foron os cambios que se produciron.
Guipúscoa non foi allea a canto ocorría noutros
lugares máis ou menos próximos, sendo a historia dos coidados similar á do
mundo ó que pertencía. Da enfermaría intuitiva pasouse á recibida oralmente
polos maiores de cada familia ou comunidade, sendo entre os séculos X y XV
cando comezan a identificarse as persoas que, primeiro por nobreza, caridade e
cariño e, máis tarde, por un salario, se dedicarán a atender as necesidades
básicas dos afectados pola enfermidade.
Non será ata o XVI cando se encontren escritos
destinados a formar e organizar ás persoas que coidan dos enfermos, dedicando
especial atención a todo canto poida estar relacionado co parto e, tal vez por
elo, relacionando a actividade co mundo feminino. Corresponde a esta época a
primeira mención ás enfermeiras como complemento á labor que dende o século IX
viñan desenvolvendo as ordes relixiosas, como vimos no capítulo anterior. Esta
íntima relación entre as enfermeiras e a relixión daba o seu traballo un
sentido espiritual, no que predominaban os sentimentos como reflexo dunha
vocación. A necesidade de preparar adecuadamente ó persoal dedicado a estes
mesteres foi o resultado da súa case completa submisión á administración relixiosa,
que era a encargada de administrar os coidados por ser a coñecedora dos remedios
máis eficaces. A enfermeira, subsidiaría dos relixiosos, non tiña opción a
incrementar os seus coñecementos e por elo, o seu traballo era considerado como
doméstico, sen valoración social.
Nos séculos XVII y XVIII mantivéronse vixentes as
regras que as distintas ordes relixiosas tiñan dispostas para o coidado das
persoas enfermas, e o cambio de actitude das enfermeiras non se produciría ata o
XIX cando ó seu bo carácter comezaron a sumarse os coñecementos adquiridos.
En Bizkaia dende que Don Diego López de Haro
fundase a Vila e outorgou a Carta Puebla, o 15 de xuño do ano 1300, existía
como hospital medieval o da Magdalena ou o de San Lázaro, creándose o Hospital
dos Santos Juanes cara finais do século XV. Está escrito no Rexemento Xeral de 6 de decembro de
1645, onde se establece que estas institucións funcionaban unicamente como “refuxios
de naturais e veciños de Bilbao, faltos de facenda, vellos e miserables”.
En Álava aínda que hai datos de hospitais de
eremitas desde 1167, o caso máis coñecido é o dos hospitaleros do Hospital
Santiago Apóstol de Vitoria rexido como “hospital de curación”, son coñecidos
dende 1466, aínda que probablemente estiveron presentes dende a fundación do
hospital en 1419; tamén en 1514 encóntranse referencias sobre el Hospital de
San José.
En Guipúscoa, dende 1485 hasta 1900, o número de
centros hospitalarios ou de socorro era moi escaso, tan só oito centros. Hai
datos de 1485 do Hospital de San Lázaro no barrio de San Martín extramuros en
San Sebastián. De 1535 ata 1719 coñecese a existencia do Hospital de San
Antonio Abad no Arrabal de Santa Catalina. Posteriormente, en 1787, dito
hospital pasou á calle 31 de Agosto e en 1888 trasladouse á avenida de Navarra
en Manteo. O Hospital de Tolosa inaugurase en 1860.
Como consecuencia das xa citadas leis dos anos 1855
y 1857, comezaron a crearse as primeiras asociacións profesionais da historia
da enfermaría no País Vasco e cando os practicantes saíron a luz integráronse nos Colexios de Sangradores,
diferenciándose de eles tan so na titulación, ata que en 1867 se prohibiu exercer
a actividade se non se dispoñía do visto bo outorgado polas facultades de
medicina tras dous anos de estudos e prácticas hospitalarias.
Durante a segunda guerra carlista en todos os
batallóns había un cirurxián sangrador que, normalmente, era o practicante que
en cada pobo estaba contratado polo concello. O longo período das distintas guerras carlistas fai
que sexa no Ministerio da Guerra onde máis documentación exista sobre o
particular, dado que se encargaba de nomear ós cirurxiáns sangradores de cada
batallón.
FOTO 005 Hospital do País
Vasco
En 1904 regulamentáronse as carreiras de
practicantes e enfermeiras, e dous anos despois, a chegada a España da reina
Victoria Eugenia foi de gran importancia posto que trouxo con ela a filosofía
de Nightingale e pronto a Sección de Homes da Cruz Vermella se
complementou coa Sección de Señoras, fundada pola reina. Constitución do Colexio de Practicantes de Guipúscoa.
En 1915 publicase o “Boletín de Practicantes” e
recoñecemento legal das enfermeiras relixiosas do Dr. Rubio.
En 1917 nace a Federación de Colexios de
Practicantes Vasco-Navarra. Celebrada a reunión o 24 de setembro de 1918, baixo
a presidencia do señor Iglesias, e co presidente do Colexio anfitrión, señor
Martínez de Pinillos, como Vicepresidente, a ela acudiron representantes dos
seis colexios norteños (Álava, Guipúscoa, Logroño, Navarra, Santander e Vizcaia)
ademais do Sr. Monfledo, Inspector Provincial de Sanidade de Logroño, acordando
por aclamación os seguintes acordos:
Laborar pola dignificación da profesión
Crear “A Unión de Practicantes do Norte de España”
Esixir a colexiación obrigatoria
Esixir que se ocupen todos os postos de traballo
que ordenaba a Lei
Perseguir o intrusismo
Pedir que se suprimiran as restricións sobre
asistencias a partos
Propoñer a todos os Colexios de España a creación do
“Corpo de Practicantes Españois”.
En 1918 nace a Unión de Practicantes do Norte de
España (Álava, Guipúscoa, Logroño, Navarra, Santander e Vizcaya). E en 1921
crease a Federación Nacional de Practicantes.
No ano 1927 creouse “A enfermeira oficial” e dous anos
mais tarde, en 1929, estableceuse a colexiación obrigatoria cambiando de forma
notable a configuración do panorama sanitario en xeral e da enfermaría en
particular. En 1928 as matronas integráronse no Colexio de Practicantes.
Os acontecementos de 1936 encontraron ó país
carente dunha estrutura médico-sanitaria capaz de facer fronte ás moitas
necesidades que a diario se presentaban. Foi necesario improvisar hospitais e
dotar os existentes dun mínimo de persoal disposto a atender a enfermos e feridos.
Algúns conventos foron convertidos en hospitais militares, sendo numerosas as ordes
relixiosas que se prestaron a tal fin: Fillas da Caridade de San Vicente de
Paúl, Fillas da Caridade de Santa Ana, Irmáns de San Xosé, Carmelitas da
Caridade, Nais da Ensinanza, Irmáns Mercedarias, Irmáns da Consolación, Nais do
Sagrado Corazón, Nais Irlandesas, Servas de María, Servas de Xesús, Nais
Clarisas, Irmanciñas da Cruz, Irmanciñas dos Pobres…
Ante a gran cantidade de mulleres que prestaron
servizos nos hospitais, con moita frecuencia sen mais coñecementos que a súa boa
vontade, organizáronse cursos chegándose a formar 5.506 Damas auxiliares de
Sanidade Militar mediante a realización de 116 cursos, e o Estado Maior, en Maio
de 1938, creou o documento de identidade para Damas auxiliares, alcanzándose, ó
terminar a guerra civil, 12.307 titulacións entre enfermeiras e auxiliares.
FOTO 006 Enfermeiros Salus Infirmorun A Coruña
1971. Ofrecéndose para o Santo
Crease en 1937 A Cruz Vermella do País Vasco de
conformidade co preceptuado no Decreto do Goberno Provisional do País Vasco. Nela
denominase como Asociación para o socorro de feridos en campaña, calamidades e
sinistros públicos.
En 1940 as empresas “Michelín” e “Cementos Rezola”
foron as primeiras en Guipúscoa en contar cun practicante no seu equipo. En
1942 crease o Seguro Obrigatorio de Enfermidade. E en 1944 créanse os Colexios
Oficiais de Auxiliares Sanitarios con Seccións independentes para Practicantes,
Enfermeiras e Matronas. Sede Pedro Egaña.
No ano 1953 unificáronse os títulos profesionais de
Matrona, Practicante e Enfermeira no Título de Axudante Técnico Sanitario
(ATS). En 1954 e por Orden de 20 de marzo do Ministerio da Gobernación. Aprobase
o Regulamento do Consello Nacional de Auxiliares Sanitarios. Nese mesmo ano e
por Orde de 30 de xullo, apróbanse os Estatutos dos Colexios Provisionais de
Auxiliares Sanitarios que se dividen en tres seccións: Practicantes, Matronas e
Enfermeiras. En 1955 constitúese o Colexio de Matronas de Guipúscoa.
En 1958 e por Orde de 13 de xaneiro, disponse ós Axudantes
Técnicos Sanitarios a colexiación obrigatoria, debendo colexiarse na Sección de
Practicantes os ATS masculinos; na Sección de Enfermeiras, as ATS femininas e
na Sección de Matronas, ás ATS femininos especializados en asistencia obstétrica.
En 1977, o 1 de abril unifícanse os Colexios de Practicantes, Enfermeiras e
Matronas. En 1978, o 10 de outubro, publícanse os Estatutos da Organización
Colexial de Axudantes Técnicos Sanitarios, polo Real Decreto 1856/1978 de 29 de
xuño.
Xa en 1978 se celebran as primeiras eleccións
democráticas co Colexio unificado, e en1983 publicase o Mapa Sanitario da
Comunidade Autónoma do País Vasco, e ordenación sanitaria territorial do País
Vasco.
En 1979 e por Real Decreto, aprobase a conversión
da Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios (A.T.S.), en Escola Universitaria de
Enfermaría.
1997. 21 de novembro. A unidade docente de enfermaría
de Donostia transformase na actual Escola de Diplomados de Enfermaría de San
Sebastián- Euskal Herriko Unibertsitatea – Universidade do País Vasco.
Existiron tamén practicantes de farmacia, ministrantes, enfermeiros, barbeiros,
practicantes de cirurxía menor, enfermeiro de pavillón de contaxiosos, etc.
FOTO 007 Cuarto de Hospital
¿Qué é a enfermaría?
Declaración de posición do CIE adoitada en 1998 e revisada en 2004.
“O
ámbito da práctica de Enfermaría non se limita a determinadas tarefas, funcións
ou responsabilidades, senón que inclúe a prestación de coidados directos e a avaliación
dos seus resultados, a defensa dos pacientes e da saúde, a supervisión e a
delegación noutros, a dirección, a xestión, a ensinanza, a realización de
investigacións e a elaboración dunha política de saúde para os sistemas de
atención da saúde. Ademais, como o ámbito da práctica é dinámico e responde ás
necesidades de saúde, o desenvolvemento do coñecemento e ós avances tecnolóxicos,
é preciso un exame periódico para asegurarse de que sigue sendo coherente coas
necesidades de saúde actuais e favorece uns mellores
resultados de saúde”.
TRADUTOR / TRADUCTOR:
Luis Arantón Areosa
GRATITUDE /AGRADECIMIENTO
Luis Arantón Areosa
Eva Tizón Bouza
TRABAJO ORIGINAL
La Voz de Enfermaría en la
Enciclopedia Auñamendi.
Primera parte
Segunda parte
AUTORES:
Jesús Rubio Pilarte
Enfermero
y sociólogo.
Profesor
de la E. U. de Enfermaría
de Donostia. EHU/UPV
Manuel Solórzano Sánchez
Enfermero.
Hospital Universitario Donostia de San Sebastián. Osakidetza /SVS
Colegiado
1.372. Ilustre Colegio de Enfermería de Gipuzkoa
Miembro
de Enfermería Avanza
Miembro
de Eusko Ikaskuntza / Sociedad de Estudios Vascos
Miembro
de la Red Iberoamericana de Historia de la Enfermaría
Miembro
de la Red Cubana de Historia de la Enfermaría
Miembro
Consultivo de la Asociación Histórico Filosófica del Cuidado y la Enfermaría en
México AHFICEN, A.C.
Miembro
de la Asociación Canaria de Historia de la Profesión Enfermera
Miembro
no numerario de la Real Sociedad Vascongada de Amigos del País. (RSBAP)